Lugo como escaparate
Hai cidades que semellan ter esquecido para quen están feitas. Xa non se deseñan pensando en quen as habita, senón en quen as visita. O importante é que o centro histórico luza impecable, que as prazas estean listas para a fotografía de rigor e que as rúas polas que transita o turista proxecten unha imaxe…
O Goberno local confirma que manterá a “deriva” denunciada en abril, polo menos ata setembro
Transcorreron pouco máis de dous meses desde que a moción de censura se presentou como unha resposta inaprazable á “fraxilidade dun goberno inmobilista e á deriva”. O diagnóstico transmitía a imaxe dun Concello ao bordo do colapso institucional, onde cada xornada adicional baixo o anterior executivo supuña un risco inasumible para o interese xeral e…
Segundo mes do Goberno Local no Ano da Vitoria: firme avance na obra de reconstrución e engrandecemento municipal.
Van case dous meses da urxente moción de censura levada a cabo polo PP máis a tránsfuga e motivada pola urxencia de sacar a cidade dun descontrol descontrolado que pa qué. Segundo un portavoz do partido: «Estos dos meses han servido para encauzar la gestión y activar los mecanismos necesarios para desbloquear e impulsar el…
O Vello Cárcere e os silencios
Hai decisións que retratan unha forma de entender a democracia. E despois están os silencios, que ás veces a retratan aínda mellor. A negativa de Candia a permitir o acceso do Goberno ao Vello Cárcere de Lugo para celebrar o recoñecemento do espazo como Lugar de Memoria non pode despacharse como unha simple discrepancia institucional….
Primeiro mes de goberno: moito ruído e poucas noces
Un mes despois do cambio de goberno, o balance comeza a debuxar un escenario bastante familiar. A moción de censura presentouse con urxencia e coa promesa de reconducir o rumbo, aínda que o paso do tempo vai deixando unha impresión distinta. Quizais as présas eran máis por ocupar a cociña que de cambiar realmente o…
Un incendiario ao mando dos bombeiros?
Hai decisións políticas difíciles de comprender. E despois están as que parecen unha broma de mal gusto. Durante anos, numerosos veciños denunciaron as consecuencias dun modelo de lecer nocturno que converteu o descanso nun luxo. Ruído ata altas horas da madrugada, alteracións constantes da convivencia, sucidade e a sensación de que o dereito duns poucos…
Reconquistar sen cambiar nada
Pasadas as primeiras semanas desde a moción de censura que levou ao PP á alcaldía de Lugo, o anterior goberno PSOE/BNG semella decidido a reconquistar o concello. Ata aí, nada estraño. O verdadeiramente interesante é o método elixido, apostar exactamente por aquilo que os conduciu ao fracaso. Practicamente as mesmas caras, as mesmas dinámicas e,…
Semana I do novo goberno. Lugo abandona a UCI… segundo o parte inicial da reconquista
Tras a moción de censura, presentada como unha resposta á necesidade urxente dun cambio na acción de goberno que levou a Elena Candia á alcaldía co apoio dunha concelleira tránsfuga, o novo goberno municipal xa comezou a marcar perfil propio. E, como adoita ocorrer en política, as primeiras decisións serven para entender bastante ben cales…
Candia a 1 tránsfuga de gañar eurovisión
A poucas semanas do certame anual de Eurovisión, as casas de apostas detectan un cambio nas tendencias. Suecia mantén a balada nórdica de rigor, Italia leva unha canción imposible de sacar da cabeza e España, por primeira vez en anos, presenta unha candidatura verdadeiramente competitiva: Candia e o seu tema “Moción de censura (feat. Un…
Candia quita a careta e o que hai debaixo vaite sorprender (ou non tanto)
Durante anos, Elena cultivou con esmero esa imaxe de proximidade que tanto gusta en política, sorriso medido, palabras coidadosamente temperadas e unha habilidade case artística para dicir moito sen comprometerse a nada. Pero esta semana, Elena decidiu quitarse a careta. E o que aparece debaixo non é un monstro, nin un vilán caricaturesco… senón algo…
