Lugo, 8 de agosto de 2025 – No medio das recentes tensións entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia polas achegas ás festas populares, a Xunta anunciou o lanzamento dun novo billete de 150€, bautizado como “Candi-Cash”. Segundo o comunicado oficial da Xunta, “el billete tiene como objetivo financiar eventos populares con un fuerte sentido galleguista de derechas y, al mismo tiempo, ahorrar en propaganda de cara a 2027”.
O “Candi-Cash” será entregado directamente as comisións de festas, asociacións veciñais e peñas deportivas, evitando os filtros dos gobernos municipais de coalición, segundo fontes da Xunta. Este organismo asegura que a iniciativa reforza o seu compromiso coa cultura e o deporte en Lugo de maneira eficiente. Os primeiros billetes serán entregados persoalmente por representantes da Xunta, acompañados dun brindis institucional baixo o lema: “Festas si, Atención Primaria… outro comunista?”.
O goberno municipal (PSOE-BNG) criticou a medida. O tenente de alcalde cualificou o “Candi-Cash” como unha estratexia de desgaste da Xunta, mentres que o Partido Popular o considera “fume para tapar improvisación”. Dende o Concello insisten en que prefiren fondos reais en lugar de xogar con sobres do Monopoly, pero a Xunta retruca que o Candi-Cash é tan real como a súa vontade de facer que Lugo brille…
A iniciativa está a xerar controversia, mentres a Xunta defende o billete como unha ferramenta innovadora para apoiar as tradicións locais, os lucenses observan con escepticismo, preguntándose se o próximo será un “Candi-Coin” en colaboración coa Apehl (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo) co que pagar nos bares ou quizais, un “Candi-Bono” ou algún producto financieiro similar, no que poder depositar os aforros de toda unha vida a ver qué pasa.
